O futuro do Centro Dramático Galego na voz da AAAG

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dan conta da súa opinión ao coñecer a marcha da actual directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, e fan pública a  preocupación pola institución e o servicio que presta a institución.

A través dun comunicado de prensa indican que a marcha da directora non pode supoñer a desidia que xa tivo acontecido entre 2015 e 2016; cando Manuel Guede presentou a súa dimisión en 2015 ata a entrada de Fefa Noia en xaneiro de 2016. O que, na quel entón, supuxo unha parada do proceso creativo da institución. Agora ben, dende AAAG consideran que a escolla da nova dirección ten que ser meditada, e non ser presa de axilizar procesos; xa que hai que pensar nunha refundación da institución para salvala das eivas que hoxe truncan o valor para o que foi creado o CDG, segundo manifesta o comunicado da Asociación de Actores e Actrices.

Nesa mesma liña, indican o seu descontento co xeito de funcionar nestes últimos tempos. Froito de iso son os continuos desacordos e falta de sintonía que teñen protagonizado máis dunha reunión entre ambas partes, que por certo, non ten chegago a bo fin. A discrepancia se fundamenta na pouca produción teatral deste organismo oficial, como representante do que se está a facer en Galicia; O Centro Dramático está baixo a dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais  (AGADIC) que a súa vez é dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Dende esta institución se posibilita ao ano unha produción teatral, empregando a 10 intérpretes. As discrepancias en canto a funcionamento, produción e selección dos actores e actrices abre unha brecha de desacordos entre o AGADIC e a AAAG que xa teñen sido expostas en varias ocasións. A marcha de Fefa Noia da dirección do Centro Dramático Galego  volve poñer enriba da mesa o problema. 

A Asociación no comunicado invita á Consellería a dar conta do problema e lle desexa a Fefa Noia un bo camiño nesta nova etapa: «A Consellería de Cultura e Turismo debe abordar xa a necesaria reforma do Centro Dramático Galego co obxectivo de dotalo dos recursos, orzamentos e da estrutura xurídica necesaria para superar a burocatización, a escasa actividade e o seu esmorecemento xeral. Por último, a AAAG deséxalle a Fefa Noia o maior dos éxitos na nova etapa profesional e persoal que abrirá o vindeiro 1 de outubro, día no que xa non ocupará a dirección do CDG.»

Artigos relacionados: Fefa Noia abandona o CDG

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.