A manifestación en favor da Sanidade este domingo abarrotou a Praza da Quintana

Este domingo  moitos estaban pendientes da Praza de Colón de Madrid, pola manifestación conxunta do PP, C´s e Vox, unha movilización en contra o goberno de Pedro Sánchez…Relator arriba ou relator abaixo, porque xa o día antes sabíase que non había tal, o conto parece que suscitaba o seu aquel, cousas dignas destes tempos. Mentras, como dicía, en Santiago de Compostela centos de persoas volvían a percorrer as rúas da cidade nunha manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública que agrupa a diversas asociacións do eido médico sanitario.

O malestar do sector sanitario leva tempo a reclamar e denunciar as situacións insostenibles de precariedade e recortes que fai inviable a capacidade para atender con dignidade aos pacientes; a falta de material para desenvolver o seu traballo, a exposición a xornadas interminables as que se ven sometidos, ou mesmamente, a falta de responsabilidade que se demostra facendo contratos a médicos recién licenciados e sen especialización para atender nos centros de Saúde.

A manifestación deste 10 abarrotou a Praza da Quintana. De feito, cando a manifestación entraba pola Porta da Mámoa, despois de subir pola rúa do Hórreo, a xente aínda estaba no punto de saída, a Alameda. Esta convocatoria responde á última dunha serie que cada vez é  máis respaldada pola ciudadanía que entende a perda e as consecuencias de non ter seguranza nunha cuestión tan fundamental para cubrir a súas necesidades.

Estas accións destinadas a facer unha chamada clara e contundente á administración para  recuperar un sistema público de saúde  cun funcionamento de atención responsable e de calidade, e para iso indican a necesidade de incorporación de responsables definidos pola cuestión meritoria e de oficio.

Máis fotos premendo aquí

Artigos relacionados preme

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.