A ledicia do Nadal!

 O cambio de díxito no calendario, ou o que é o mesmo, a despedida dun ano para darlle a benvida a outro que chega é xusto e necesario, eso si, trae sempre consigo moitos preparativos: compras, decoración, cociñar e actos sociais. A ocasión ben o merece!. Arranxar unha axenda que che permita combinar os múltiples eventos e protocolos coa serenidade precisa para afrontar o reto, non sempre é doado. Así é que, cando chegan a noite vella, o punto álxido do asunto, xa imos ca lingua fóra…Hai que pensar que os turróns xa estaban preparados nas estanterías do supermercado no mes de outubro. Aínda así, non hai nada como o Nadal! Ata temos tempo de pensar no que facemos ben e mal o longo do ano, son desas cuestións que nos rompen a cabeza coa finalidade de mellorar coa mudanza do ano que chega. Sempre vén ben facer o exercicio de reparar na nosa vida cun maior ímpetu revisionista no nadal. Vai  nesa estima necesaria cara a nós mesmos. O esforzo en elaborar unha folla de ruta para obter maiores satisfaccións e que cada ano nos empeñamos en seguir con maior ou menor fortuna.

Non sei se estes sentimentos arrancan das experiencias vividas ou ben son universais, en todo caso, as considero positivas para o crecemento persoal.

Sendo moi nova tiven a sorte de coñecer algo da cultura xermana e sorprendeume que o nadal o celebraban nun marco de recollemento sen algarabías lúdico festivas. Daquela, aquí, nestas datas, éramos moi cantareiros, agora xa non tanto, cada vez menos. En Alemaña, cántanlle o árbol navideño con sentimento. En España, arrancámonos con ledicia, sin remordimento. Son dous xeitos de entender o universo, e ambalas as dúas teñen o seu atractivo. Tamén poderíamos dicir que son manifestacións de dentro para fóra, e de fóra para dentro. Do que non cabe dúbidas e que… Non hai nada como o Nadal!Rúas mariel

Sobre Mariel Norat 205 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.