Actualidad, Actualidad Política, Actualidad Social, Portada — 14 noviembre, 2017 a las 21:27

A gasolineira da discordia por estar preto dun Colexio

Por

Nais e país do alumnado do CEIP da Ramallosa reclaman o posicionamento do alcalde diante da instalación dunha gasolineira a carón do colexio O BNG de Teo rexistra unha moción para demandar o apoio da corporación municipal diante desta petición

Pais e nais do CEIP da Ramallosa rexistraron esta mañá no Concello de Teo un escrito acompañado por máis de 260 sinaturas dirixido á alcaldía no que reclaman ao goberno municipal de Teo que teña en conta aos afectados e afectadas pola construción desta instalación na tramitación das licenzas municipais correspondentes e solicitan o apoio do alcalde e do goberno municipal de Teo para que poña en marcha todas as actuacións que sexan posíbeis para evitar que se poña en funcionamento unha instalación, contaminante e potencialmente perigosa, a carón do colexio

O grupo municipal do BNG preocupouse do tema dende que tivo coñecemento e acompañou aos afectados na presentación de firmas. O BNG din que veñen de rexistrar unha moción ao Concello para solicitarlle á corporación municipal a adopción dun acordo que consiste en:

1) Apoiar a demanda das nais e pais de alumnos do CEIP da Ramallosa como persoas afectadas pola construción dunha gasolineira a escasos metros do centro de ensino e que se lles teña en conta na tramitación do expediente correspondente, poñendo en marcha todas as actuacións que sexan posíbeis para defender as súas reclamacións, así como que se dispoñan os medios para o asesoramento e a realización de alegacións.

2) Rexeitar a ubicación dunha instalación de subministro de combustíbeis á beira dun centro de ensino.

3) Dar traslado á Xunta de Galiza a preocupación das nais e pais do alumnado do CEIP da Ramallosa diante da previsión de que se instale unha gasolineira á beira do colexio, así como deste acordo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*