Actualidad Política, Actualidad Social, Cultura, Portada — 17 Julio, 2017 a las 22:19

Debate sobre o referendo de Catalunya en relación coas nacións sen estado

Por

A Galería das Letras e das Ideas do FestiGal debaterá sobre “O escenario pre e pos-referendo de Catalunya para as nacións sen estado” e presentará 10 publicacións de interese político nacionalista, da memoria histórica de análise o idioma, da cultura e da xeografía.

A Galería das Letras e das Ideas traerá representantes de Bildu e ERC para debater sobre o referendo de catalunya

Librarías e editoriais galegas presentarán as súas últimas publicacións

O programa desta actividade comezará ás 16:00 horas do día 25 coa presentación do libro “Doris Benegas, unha loitadora do pobo”, coordinado por Pablo Arroyo, da editorial Último Cero. Participan Fernando Valiño (coautor do libro e representante do Diario dixital Último Cero), Luis Ocampo (compañeiro de Doris e voceiro de Izquierda Castellana), María Xosé Queizán Vilas (escritora galega e colaboradora do libro) e Guillerme Vázquez, ex-portavoz nacional do BNG.

Na casa da avoa”, de Marta Dacosta, da editorial Galaxia, que vai pola segunda edición, contará coas intervencións da autora e de María Xosé Cacabelos, presidenta da Asociación de Mariscadoras de Guimatur.

A seguir, Taibo e Callón manterán unha conversa sobre os seus últimos libros. “Os tres de nunca” de Nacho Taibo, e “Galegofalantes e galegocalantes” de Carlos Callón, ambos de Edicións Xerais.

Ás 17:00 horas será a quenda da publicación “Os nomes do terror. Galiza, 1936. Os verdugos que nunca existiron”, coordinado por Dioniso Pereira, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido e Xosé Ramón Ermida, da editora Sermos Galiza, e contará tamén con Xoán Costa.

Repente galego, Ramón Pinheiro Almuinha”, da Deputación de Pontevedra e da asociación ORAL, contará coa participación de Xosé Leal, Eva Vilaverde, Carlos Alonso e Ramón Pinheiro, autor do libro. Coa actuación das regueifeiras Alba María e Lupe Blanco.

Ás 18:30 será a palestra “O escenario pre e pos-referendo de Catalunya para as nacións sen estado” que presentará Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas e membro da Executiva Nacional do BNG, coas intervemción de Marian Beitialarrangoitia Lizarralde, portavoz de EH Bildu no Congreso dos Deputados; Xavier Castellana, senador de ERC; e Rubén Cela, membro da Executiva Nacional do BNG.

O proxecto colectivo “Os soños na gaiola” promovido polo Concello de Rianxo, Escola de Música de Rianxo, o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e a Fundación Manuel María presentarase ás 19:40 horas. Está editado pola Casa-Museo Manuel María e participarán Saleta Goy, presidenta da Fundación Manuel María; Irene Amado, coordenadora do proxecto; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María.

María do Pilar García Negro e Francisco Jorquera presentarán “Himno Galego: unha historia parlamentar (inconclusa)”, coeditado pola Fundación Galiza Sempre e Federación Galiza Cultura.

Ás 20:20 horas será a quenda para falar do libro “Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid 1912-1925”, de Javier del Valle-Inclán Alsina. Participan o autor e mais José Ángel Maquieira, profesor-titor da UNED.

Atlas das nações sem Estado na Europa”, de Através Editora, pechará o programa coa participación de Valentim Fagim e Abraham Bande, adaptador e tradutor do orixinal.

No espazo de venda de libros e de editoriais galegas, terán expositor a Libraría Pedreira, AGAL/Através, Sermos Galiza, Galaxia, Central Folque, Catro Ventos Editora e Patas de Peixe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*