Agenda, Festa, Galicia, Portada, Turismo — 26 junio, 2018 a las 17:47

A Festa de San Paio en A Estrada unha proposta forte de xuño

Por

Achegueime ás Festas de San Paio, en A Estrada, que xa andan a piques de rematar nas celebracións. Unha visita que sempre me ten interese  para desfrutar do evento. Esta é localidade próxima a Santiago de Compostela, aínda que pertenza á provincia de Pontevedra

Onte a orquestra Panorama e a banda Heredeiros da Crus os protagonistas da noite

Este luns 25,  saludábanos con un día encapotado, dando así, tregua ao intenso calor da fin da semana. Circunstancia que eu particularmente agradecín, e que me invitou a sair cara A Estrada.  Á chegada ao pobo xa se vía que moitos coches desistían de penetrar no interior da localidade por mor de quedar atrapados.  Por iso decidimos aparcar na entrada para seguir ata a Praza da Farola andando. A iluminación das rúas estaba adornada con deseños e cores ben diferentes, dependendo da ubicación e a distinción de cada unha delas. Anunciaban o entusiasmo como é habitual sempre nas datas de festexo, e máis se son as festas patronais. Respirábase festa polos catro costados; carruseis, postos de venta ambulante, terrazas ateigadas e xente que ía e viña moi animada.  A Praza da Farola era o centro neurálxico onde a orquetra Panorama sentou un escenario xigante  que semellaba un plató de televisión, ou o que o mesmo, o que nós vemos dende o salón das nosas casas (viase dende o fondo da rúa). Aquilo era un espectáculo máis que unha orquestra do común; cantantes que tiñan coreografía e atrezzo de pretensións, e que bailaban enriba dun escenario con enerxía e moita paixón. Este espectáculo acollía toda a loxística dos grandes eventos profesionais. Incluso o reclamo de unhas bolsiñas inchables coa propaganda da súa orquestra, e que repartiron entre o publico para animar e crear un efecto óptico. Deste momento da festa os que parecía que desfrutaban máis era a xente nova. Namentras os sorrisos de satisfacción eran o común.

Programa San Paio 2018

Ao remate dos de Panorama, ás doce e cuarto da noite, tiñan que empezar, na Praza do Concello, os de  Heredeiros da Crus. Aínda que antes desa hora xa había publico na praza esperando e posicionándose  para escoitar e mirar mellor un grupo máis definido en gustos que o anterior. Mozas e mozos, non só da localidade,  acudiron á cita da banda galega. Un público que parece que tamén celebraba o remate do curso académico, e marcaban así o inicio das vacacións. Os Heredeiros presentaron un escenario sinxelo, se vamos ás comparacións,  pero de estrutura de relevancia. O importante é  que cando empezaron a sonar os primeiros ritmos fixeron vibrar á xente que alí estaba. Se retrasaron un pouco, segundo a hora prevista no programa, pero gañaron ao público no primeiro tema. Un público entusiasta que se entregou a esta música Hard Rock singular, e como eles mesmos din, os Heredeiros:  dan fe do Hard Rock (inscripción no bombo da batería)

Unha festa que ben merece ser marcada no almanaque como punto de encontro para as súas vindeiras edicións.

O San Paio se celebra en xuño (este ano do 23 ao 27). Se aínda nos pasaches, estás a tempo o mércores 27.

Para ver máis fotos preme 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.