Agenda Santiago, Música — 7 noviembre, 2018 a las 1:24

A Exposición dos 170 anos da Banda Municipal de Música de Santiago na reta final

Por

Ata mediados de novembro os visitantes poden percorrer unha exposición que amosa os 170 anos de historia da Banda Municipal de Santiago

de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes (ata agora era de 17:00 a 21:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido permanece pechada ao público.

Nestes intres e ata mediados do vindeiro mes de novembro, a Casa do Cabido acolle a exposición A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario, que fai un percorrido pola historia da agrupación, dende as súas orixes, no ano 1848, ata a actualidade. A Banda Municipal de Santiago é unha das máis antigas do panorama nacional e, logo de preto de dous séculos de vida, atópase entre as poucas que perduran dende o seu nacemento ata os nosos días.

Esta mostra parte do traballo de investigación da musicóloga Beatriz Cancela. Nela exhíbense fotografías de cada época da Banda, un achegamento biográfico á vintena de mestres que a dirixiron, partituras de obras inéditas compostas por membros da agrupación e arranxos de grandes pezas sinfónicas que acercaron o sinfonismo europeo á cidade e ao resto de Galicia, instrumentos, premios, documentos diversos e mesmo diferentes uniformes que luciron os músicos ao longo destes anos. Ademais, proxéctanse vídeos antigos da Banda Municipal e tamén dos diferentes actos conmemorativos do seu 170 aniversario.

A través desta exposición amósase a Banda nas súas diferentes facetas no transcurso destes anos, participando nos momentos emblemáticos da cidade, como as festas, o Apóstolo, os actos institucionais…. Así mesmo, recóllense as saídas que facía a outros puntos de Galicia, xa que era moi solicitada, chegando a converterse nun referente para outras bandas da comunidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.