Agenda Santiago — 4 octubre, 2018 a las 2:12

A exposición BibliotequEros do Museo do Pobo Galego

Por

Unha exposición que foi crecendo no seu transcurso

Mesa redonda sobre libros e do erotismo

urante a exposición de BibliotequEros, que leva aberta ao público dende o pasado 5 de xullo, a mostra foi crecendo. Foron varias as persoas socias do Museo do Pobo Galego que quixeron facer doazóns de exemplares das súas bibliotecas particulares, para ampliar así a colección bibliográfica sobre a temática da exposición. Estas novas achegas, referentes a Galicia e que inclúen exemplares descoñecidos ata agora, sumaránse á exposición a partir de mañá.

A exposición BibliotequEros, que se poderá visitar ata o vindeiro día 14 de outubro, mostra a representación das distintas faces de Eros no fondo bibliográfico e documental que garda o Museo do Pobo Galego na súa biblioteca. Unha colección que alberga libros que tocan diferentes dimensións da temática erótica e que son valiosos polos textos, as ilustracións ou as súas características bibliográficas. A exposición mostra a riqueza da produción literaria en relación ao erotismo a través de autores como Safo, Marqués de Sade, Xosé Luis Méndez Ferrín, Henry Miller (entre outros); as edicións coidadas de moitas destas obras (algunhas ilustradas por Becat, Moré, Serafín ou Leiro) e a presencia de editores como René Kieffer ou Joaquín López Barbadillo. Edicións populares de épocas diferentes tantas veces condenadas conviven na mostra (e na biblioteca do Museo) con edicións de tiraxe limitada feitas, sobre todo, en Francia e destinadas aos bibliófilos. A exposición inclúe tamén unha serie de obras que dende a historia, a antropoloxía, a socioloxía e a arte complementan e amplían a visión sobre o tema.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.