Actualidad Política — 9 enero, 2019 a las 23:51

A estación intermodal de Santiago; un espazo cultural de homenaxe a Castelao

Por

A proposta do Bloque Nacionalista Galego de nomear a Estación Intermodal de Santiago co nome  Daniel Alfonso Castelao

Ademais da principal funcionalidade de tránsito de pasaxeiros, o BNG  invita a dotala de referencia cultural.

Un escaparate da nosa identidade a través da obra de Castelao

O BNG rexistrou unha moción para debater sobre o nome da estación intermodal no vindeiro pleno de xaneiro no Concello de Santiago.

Goretti Sanmartín como portavoz expón que  esta estación intermodal de Santiago debería levar o nome de Daniel Castelao como homenaxe recoñecido ao longo do tempo. A proposta establece a importancia de que haxa un contido cultural representativo do país, tanto para os galegos coma para os visitantes que chegan a Santiago.  Un homenaxe a un intelectual, político e talentoso artista  que na súa etapa de deputado manifestou o compromiso na defensa de crear e fomentar as liñas ferroviarias en Galicia.

Esta moción considera que a nova intermodal pode ofrecer un homenaxe a Daniel Castelao ao levar o seu nome. Asemade dun espazo cultural a través da obra que representa a nosa identidade como país cara os viaxeiros  que transitan nas idas e chegadas nas novas instalacións. 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.