Cultura, Música, Portada — 10 octubre, 2017 a las 23:30

A Escola de Altos Estudos Musicais abre prazo para novas prazas

Por

Rapaces de entre 5 e 14 anos xa poden inscribirse no curso de corda para nenos da Escola de Altos Estudos Musicais

Ofrécense un total de 17 prazas, 12 para a especialidade de violín, 4 para violoncello e 1 para viola

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela,  pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nesta ocasión nas especialidades de violín, violoncello e viola. As clases comezarán en novembro e prolongarase ata o mes de maio de 2018.

Esta iniciativa diríxese a rapaces, estudantes de corda, de entre 5 a 14 anos de idade. O centro ofrece un total de 17 prazas. Delas 12 son para a especialidade de violín, 4 para a de violoncello e 1 para as clases de viola. Os profesores son docentes da propia Escola e, á súa vez son, na súa maioría, músicos integrantes da Real Filharmonía de Galicia.

O 16 de novembro realizarase unha audición para seleccionar os alumnos

Os alumnos interesados en participar neste curso deberán presentar unha solicitude ata o 12 de novembro, a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Para acceder ao mesmo, o 16 de novembro, ás 16:30 horas, realizarase unha audición na sede da EAEM, onde os rapaces deberán interpretar unha obra de libre elección.

En canto aos contidos desta experiencia formativa, serán un mínimo de dez horas de preparación individual repartidas ao longo de todo o curso. Tamén haberá un mínimo de seis horas de actividades colectivas de agrupación instrumental. E, ademais, realizarase un concerto de fin de curso, no mes de xuño, onde os alumnos interpretarán tanto obras individuais como de conxunto como colofón aos seus estudos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*