Ritos macabros dos estados de graza

A última obra de Teatro do Noroeste fala de tempos infames da historia de España

Unhas vidas, para a maioría, cheas de frustración nun mundo que odiaba ás mulleres e desprezaba a existencia do individuo confiando na recompensa dun suposto ceo que premiaría a cega obediencia, o despropósito… Iso era o Estado de graza

Onte achegueime a ver a obra teatral Estado de graza, unha peza que se atopa na carteleira até o domingo 19 de febreiro do Teatro Principal de Santiago de Compostela. Este venres a función congregaba un patio de butacas atento con moitos profesionais da escena galega: Anxela G. Abalo, Gustavo Pernas, Xulio Lago, María Barcala, Ernesto Chao, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Manuel Guede ou o profesor universitario Luís Álvarez Pousa, entre outros. Ademais dos amantes do teatro que non quixeron perder a obra que pon o broche a 30 anos de traballo enriba dos escenarios da Compañía Teatro do Noroeste.

A actuación abriuse cun escenario que determinaba a temática da peza; visualizar o autoritarismo, a intolerancia e como se mascaba a traxedia dun tempo pasado. Estado de graza vén a facer referencia con naturalidade e verdade ao máis rancio dos anos escuros deste país.

Luma Gómez dá vida a Dolores, unha matriarca desaprensiva, autoritaria, que condena con tiranía e sen piedade a todos os que a rodean. Esta é unha muller obsesionada por gañarse o ceo, segundo mandaba a ideoloxía do nacional- catolicismo.

Luma Gómez e Imma António
Luma Gómez e Imma António

Rezos, prexuízos, intolerancia e hipocrisía danse a man nunha danza macabra onde a palabra liberdade estaba desautorizada. Un escenario do que foi vítima este país e as súas xentes durante 40 anos.

Foi ese 20 de novembro de 1975, cando Carlos Arias Navarro, presidente do goberno, con bágoas nos ollos e voz entrecortada saía nunha televisión nacional en branco e negro (a única que había) dicindo aquilo de:” Franco morreu”. Así comezaba un tempo novo de loita e compromiso en busca de mellorar as condicións de vida dunha sociedade acalada. Un tempo para construír, para expresar, reclamar e loitar por alcanzar dereitos e liberdades.

Eu non sei se é moito ou pouco tempo o transcorrido desde 1975 até estes comezos do século XXI; depende desde que punto sexa observado, pero o que está claro, é que moitos aínda hoxe senten dor e a sensación de que algo lles foi roubado…Sería triste, moi triste, que nalgún momento alguén pensase que é só un argumento de ficción. Non o é.

A obra Estado de graza fala de tempos infames da historia de España, e como tal, deben ser coñecidos polas xeracións vindeiras para que non se volvan a repetir. Aquela foi unha ditadura, unha mala historia chea de hipócritas de frialdade incalculable.

Castellano

Ayer me acerqué a ver la obra teatral Estado de gracia, una pieza que se halla en cartelera hasta el domingo 19 de febrero en el Teatro Principal de Santiago de Compostela. Este viernes la función congregaba un patio de butacas atento con muchos profesionales de la escena gallega: Anxela G. Abalo, Gustavo Pernas, Xulio Lago, María Barcala, Ernesto Chao, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Manuel Guede o el profesor universitario Luís Álvarez Pousa, entre otros. Además de los amantes del teatro que no quisieron perderse la obra que pone el broche a 30 años de trabajo sobre el escenario de la Compañía Teatro do Noroeste.

La actuación se abría con un escenario que determinaba la temática de la pieza; visualizar el autoritarismo, la intolerancia y como se mascaba la tragedia de un tiempo pasado. Estado de gracia hace referencia con naturalidad y verdad a lo más rancio de los años oscuros de este país.

Luma Gómez da vida a Dolores, una matriarca desaprensiva, autoritaria, que condena con tiranía a todos los que la rodean sin otorgar ni un mínimo de piedad. Esta es una mujer obsesionada por ganarse el cielo, según mandaba la ideología del nacional- catolicismo.

Rezos, prejuicios, intolerancia e hipocresía se dan la mano en una danza macabra donde la palabra libertad estaba desautorizada. Un escenario del que fue víctima este país y sus gentes durante 40 años.

Fue ese 20 de noviembre de 1975, cuando Carlos Arias Navarro, presidente del gobierno, con lágrimas en los ojos y voz entrecortada salía en una televisión nacional (la que había) en blanco y negro diciendo aquello de: “Franco ha muerto”. Así comenzaba un tiempo nuevo de lucha y compromiso en busca de mejorar las condiciones de vida de una sociedad acallada. Un tiempo para construir, para expresar, reclamar y luchar por alcanzar derechos y libertades.

Yo no sé si es mucho o poco tiempo el transcurrido desde 1975 hasta estos comienzos del siglo XXI; depende desde que punto sea observado, pero lo que está claro, es que muchos todavía hoy sienten dolor y la sensación de que algo les fue robado…Sería triste, muy triste, que en algún momento alguien pensara que es solo un argumento de ficción. No lo es.

La obra Estado de gracia habla de tiempos infames, de la historia de España, y como tal, deben ser conocidos por las generaciones venideras para que no se vuelvan a repetir. Aquella fue una dictadura, una mala historia llena de hipócritas de frialdad incalculable. Unas vidas, para la mayoría, llenas de frustración en un mundo que odiaba a las mujeres y despreciaba la existencia confiando en la recompensa de un supuesto cielo que premiaría la ciega obediencia. La sinrazón era el Estado de gracia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.