A crise e o Prozak

imagesA crise está a afectar á nosa saúde mental. Segundo datos publicados polo SERGAS dende fai xa uns anos estase a producir en Galicia un aumento no consumo de ansiolíticos e antidepresivos (esta tendencia é común a toda España). O consumo deste tipo de fármacos na nosa comunidade pasou de ser de algo máis de catro millóns de caixas en 2010 a case os sete millóns tan só un ano despois.

Víctor Crespo, Presidente do Sindicato O´MEGA (Médicos de Galicia Independientes) cree que: “este aumento é progresivo e ten moito que ver cos problemas e co estado de ánimo co que chegan os pacientes ás nosas consultas. De todos os xeitos, esta tendencia á alza xa se deixaba notar antes da crise”. Crespo ten claro que si se podería optar por outras solucións pero: “cos recortes somos cada vez menos e, polo tanto, temos menos tempo para cada paciente co que se recorre á solución máis rápida, que son os fármacos”.

En parecidos termos se expresa unha facultativa, que ata fai pouco era médico de urxencias no CHOU de Ourense e que prefire manterse no anonimato: “moitas veces, tanto médicos como pacientes, optamos pola solución máis sinxela que non é outra que receitar fármacos. Hai que ter en conta que, en ocasións, dámoslle carácter de patoloxía a situacións que non son máis que estados normais do ser humano. Xa sexa por falla de tempo ou porque é máis doado receitar que aturar aos pacientes, o certo é que todos caemos neste erro”.

OLYMPUS DIGITAL CAMERADende a Federación de Farmacias de Galicia, o seu Presidente José Luis Rodríguez Da cal, asegura que non posúe datos concretos de ventas, pero este aumento si se aprecia.

 

Sobre Carlos Pampillón Diéguez 46 Artículos
Xornalista

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.