Cultura, Portada — 15 mayo, 2017 a las 16:42

A Casa da Troia no Día Internacional dos Museos

Por

O Museo Casa de la Troya celebra unha xornada de portas abertas este xoves, 18 de maio, para conmemorar o Día Internacional dos Museos. Poderá visitarse, de xeito gratuíto, durante todo o día, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; acompañados das explicacións das guías do museo. Ademais, esta semana a Casa da Troia abrirá o mércores, 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, o venres (neste caso ata as 22:00 horas) e o sábado.

Un dos comedores onde se reunían os estudantes da pensión.

Un dos comedores onde se reunían os estudantes da pensión.

Como xa é habitual dende hai seis anos, os museos composteláns suman esforzos para celebrar de maneira conxunta o Día Internacional dos Museos. Son sete os centros museísticos agrupados para a ocasión: Museo do Pobo Galego, Fundación Eugenio Granell, Museo das Peregrinacións e de Santiago, CGAC, Museo Catedral, Mupega e o Museo Casa de la Troya.

Dentro da programación especial para celebrar esta efeméride, a Casa de la Troya vai organizar este xoves unha Ruta Troiana, que partirá ás 20:30 horas da estatua de Rosalía de Castro, na Alameda de Santiago. E, logo de percorrer diversas rúas do centro histórico compostelán, rematará diante do museo. A duración aproximada do percorrido será dunha hora e media e a participación no mesmo é gratuíta. 

O encargado de protagonizar este roteiro guiado será Suso Martínez, historiador, guía turístico, divulgador e actor especializado na historia de Galicia. Leva máis dunha década traballando para diferentes institucións realizando visitas guiadas dramatizadas. Fará a ruta caracterizado como o personaxe de Barcala da novela La casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín. “Escollemos a este personaxe porque representa ao estudante troiano” -explica Benigno Amor, presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo-.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada pola directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández, e membros de Balnearios de Galicia presentará os programas Menús Saludables e Un descanso nos Camiños. No Hotel Balneario de Compostela (carretera Santiago a Noia, s/n, O Tremo)

Benigno Amor

Sobre o personaxe de Barcala, o propio Pérez Lugín escribiu: “Barcala tiene a ratos cosas de Labarta, a ratos se parece a San Gil, tiene una aventura y los bigotes de Bargiela, y las más veces es todos y no es nadie, porque para mí el arte de novelar no consiste en tomar a las personas y los hechos como modelos a seguir estrictamente, sino en utilizarlos como punto de partida para caminar luego toda libertad”.Troya dormitorio1troia

Vai ser un roteiro especial, que servirá de presentación aos que se farán nos seguintes venres de maio e xuño, e que ademais incluirán a visita ao museo” -indica Amor-. A inscrición nestes roteiros, que comezan este venres, pódese facer chamando ao museo, a partir do 17 de maio (981 585 159).

Troya museo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*