Cultura, Galicia, Portada, Turismo — 8 noviembre, 2017 a las 19:39

A candidatura das Illas Cíes como patrimonio da Humanidade da UNESCO

Por

A USC participa no comité científico da candidatura das Illas Cíes como patrimonio da Humanidade da UNESCO

No marco da preparación científica da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade da UNESCO, o próximo día 10 terá lugar no Museo do Mar de Vigo a primeira reunión do comité científico, no que participa a USC. En concreto, forman parte María Loureiro, do Departamento de Fundamentos de Análise Económica,e Sebastian Villasante, do Departamento de Economía Aplicada, pola súa experiencia na valoración de recursos naturais e de servizos ecosistémicos terrestres e mariños.

 

O comité científico da candidatura, cuxa coordinación técnica corresponde ao Campus do Mar, está composto por 30 especialistas das tres universidades galegas, o CSIC eo IEO, e encargarase de achegar o maior coñecemento que se dispoña en torno á excepcionalidade ecolóxica e dos servizos ecosistémicosdas illas.

 

Este arquipélago presenta unha gran diversidade de ecosistemas que engloba un amplo espectro de hábitats e formacións xeolóxicas de gran relevancia natural tales como acantilados, praias e sistemas dunares que, xunto cos hábitats somerxidos dos fondos mariños, sustentan unha extraordinaria diversidade de elementos xeolóxicos e especies de flora e fauna, ademais dunha das maiores agregacións de aves mariñas do mundo.

 

Nesta primeira reunión do comité científico está previsto que se revisen os obxectivos da candidatura requiridos pola UNESCO así como a evidencia científica existente sobre o valor excepcional universal das Illas Cíes, definir o documento ‘Directrices Prácticas para la aplicación de la Convención del Patrimonio Mundial’ de xaneiro de 2008 como “unha importancia cultural e/ou natural tan extraordinaria que transcende as fronteiras nacionais e cobra importancia para as xeracións presentes e vindeiras a nivel mundial”. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*