Actualidad Social, Agenda Santiago, Cultura — 6 junio, 2018 a las 11:02

Á Beira do Sarela en xuño 2018

Por

A Universidade de Verán 2018 ofrece o curso titulado ‘Galego, porta aberta para o mundo’ cuxo obxectivo é revisar a situación actual da lingua e contribuír a súa promoción. As sesións terán lugar entre o 26 e o 29 de xuño na Facultade de Filoloxía (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 15 de xuño.

O programa, dirixido por Teresa Moure, revisará a situación actual da lingua galega, co obxectivo de contribuír a unha planificación rigorosa que evite o seu esmorecemento entre os sectores máis novos, así como analizar as posibilidades que ofrece a súa dimensión internacional e construír un foro de debate entre axentes políticos, sociais, especialistas e docentes.

Rúa do Vilar (Santiago de Compostela)

As Xornadas de Música Contemporánea 2018 homenaxean ao compositor galego Enrique Macías

Este ano as Xornadas adiántanse ao mes de xuño e celebraranse dos días 6 ao 29 con concertos, conferencias e espectáculos baixo o título ‘Música, Emoción e Memoria’

Co traslado á temporada estival, as XMC inclúen concertos ao aire libre: a praza de Cervantes e o Parque de san Domingos de Bonaval súmanse así aos escenarios xa habituais do certame que este ano serán o Auditorio de Galicia, o CGAC, a Igrexa da Universidade e o seu Paraninfo

As Xornadas de Música Contemporánea de Compostela adiántanse en 2018 ao mes de xuño. Do mércores 6 ao venres 29, os amantes da música de culto e de vangarda poderán gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos en diferentes espazos da cidade. Baixo o título “Música, Emoción e Memoria” a proposta deste ano celebra a pegada e a obra de Enrique Xerardo Macías (1958 – 1995), compositor vigués que abriu a música galega a outras sonoridades e formou parte dos fundadores deste certame en 1987. No 60 aniversario do nacemento de Macías, as XMC’18 honran o labor deste autor curioso e enérxico que se conta entre os xenios da súa xeración e que, malia ter finado antes de cumprir 40 anos, serviu e segue a servir de modelo para figuras emerxentes da composición galega.

Ademais, a programación conmemora outras figuras e acontecementos de fonda relevancia na escena internacional e na contorna musical galega, como o centenario do pasamento de Claude Debussy (1862-1918), o 170 aniversario da Banda Municipal de Música de Santiago, o 70 aniversario da Banda Municipal da Coruña, ou a visita a Galicia do Pergamiño Vindel musicado por Martín Códax. Ao tempo, poñen o foco na visibilización do labor e a valía das mulleres na música, co gallo de contribuír á consolidación e normalización da presenza feminina en todos os ámbitos da sociedade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.