O Semanal. Á Beira do Sarela

Por

****A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela anuncia a convocatoria de eleccións para a renovación do seu pleno, logo da orde emitida pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia que recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Celebraranse o 10 de abril e o prazo de presentación de candidaturas vai desde o 1 ao 21 de febreiro. O censo electoral está integrado por un total de 35.944 empresas e autónomos.

O pleno cameral está constituído por 24 membros:

16 son elixidos por sufraxio universal, libre e directo
4 serán propostos polas organizacións empresariais
4 sairán das empresas que aportan cotas voluntarias

Unha vez constituído o pleno, será este órgano de goberno o que elixa o presidente e o comité executivo da institución.

 

***Rubén Cela, do grupo municipal do BNG de Santiago, advertiu de que o vindeiro 31 de xaneiro remata a última “prórroga” do contrato de servizo de ORA e guindastre. Así, instou ao Goberno de Compostela Aberta a non efectuar “unha novena prórroga deste contrato anulado por sentenza xudicial”

“Este contrato, en realidade, está rematado e resulta improrrogábel dende o 1 de xaneiro de 2017, ademais de estar anulado por sentenza xudicial dende setembro de 2015 sen dereito a prórroga”, explicou.

Así, relatou a secuencia de prórrogas realizadas a este servizo, pese a que en 2015 un xuíz conminou ao Concello a que Setex Aparki non seguise “e o feito obxectivo é que, 8 prórrogas despois e dous anos e medio despois da sentenza do TSXG que o anula, a empresa segue a prestar servizo”, indicou.

Deste xeito, o portavoz do BNG demándalle ao Concello que non haxa unha novena prórroga e non siga a aumentar a concatenación de erros. Reclamou deste xeito que se paralice o servizo de xeito inmediato, que se continúe o proceso de remunicipalización do guindastre e que se estude a serio unha proposta alternativa á ORA. Lembrou ademais que o Goberno local non respondeu as alegacións presentadas polo BNG en xuño de 2017.

Así, comprometeuse a trasladar unha batería de iniciativas en forma de preguntas e ao Pleno, ademais de emprender unha campaña a favor da gratuidade deste sistema de aparcadoiro e non ampliación a Santa Marta, Conxo e Fontiñas como ten previsto o Goberno que dirixe Martiño Noriega. Entre as preguntas figura “canto ten ingresado o Concello de Santiago en concepto de canon fixo e variábel por parte da prestadora de servizo nos exercicios 2016 e 2017”, ante a dúbida de se realizou ese pagamento a empresa ao Concello de Santiago.

 

**O grupo municipal do BNG advirte que as comparsas e disfraces gañadores do concurso de Entroido de 2017 aínda están a recibir agora os premios “porque a liquidación dese importe foi a unha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente o martes pasado”, explicou Rubén Cela, o que evidencia unha demora considerábel na xestión do Goberno de Compostela Aberta.

A orde de pasar a caixa a orde dos premios do ano pasado foi o 11 de decembro de 2017, “isto non é serio porque unha institución cando se compromete cos veciños e veciñas a facer uns concursos e uns premios debe tramitalos en tempo”, sinalou.

Dá a impresión de que “a urxencia” de aprobalos en Xunta de Goberno a mediados de xaneiro estribaba en telo aprobado antes de presentar a programación de Entroido, destacou. “Sería escandaloso presentar a programación do ano seguinte sen ter pagados os premios do ano anterior”, afirmou.

Así, reclamou que o Goberno municipal tome nota disto e que funcione “con maior celeridade e seriedade porque están xogando coa ilusión de moita xente e hai comparsas históricas que teñen que adiantar moito diñeiro para participar nestes eventos e se ao final tardan tanto en cobrar pode funcionar como un desincentivo para participar no desfile”.

***Galicia. A lingua galega non terá representación en catro das cinco feiras internacionais do libro. As feiras de Boloña, Barcelona, Frankfurt e Guadalajara (México) quedan anuladas. Só se manterá a de Bos Aires.  + Info 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.