Actualidad Económica, Actualidad Política, Actualidad Social, Agenda — 14 diciembre, 2017 a las 17:02

Asuntos á beira do Sarela

Por

A asociación veciñal Francisco Asorey, da Almáciga, solicita atención ás dificultades que se presentan no barrio e así llo fixeron saber a Rubén  Cela nunha reciente reunión

 Falta de iluminación, contedores sen ancorar ao chan e composteiros sen tapa son algunhas das deficiencias que cómpre arranxar

O BNG  trasladou ao Pleno estas demandas

Foto: Mariel Norat

Os representantes da asociación veciñal Francisco Asorey, da Almáciga, transmitiron diversos temas relativos á seguranza que o Goberno municipal debe solucionar.

Os contedores están sen ancorar ao chan e cando se produce un temporal de vento desprázanse e quedan deitados polas rúas, o que pode chegar a ocasionar accidentes de tráfico.

Tamén mostraron a súa preocupación pola pouca iluminación que hai na rúa de Touro, posto que se eliminaron as farolas dunha beirarrúa e queda a escuras cando anoitece.

Ademais, reclamaron medidas contra a praga de ratas que apareceu na contorna dos depósitos de elaboración de compostaxe, pois ao careceren de tapa os contedores sérvelles de fonte de alimentación. Requiren un modelo de composteiros con cuberta, como hai noutros barrios, e que se actúe para a eliminación dos roedores nesta zona.

BNG reclama que se cumpra o compromiso dos Orzamentos e se instale a nova cuberta na piscina do Sar

Require que se adopten medidas preventivas ante o aviso de futuros temporais e a clausura desta instalación mentres non se solucionen os desperfectos

O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, manifestou que os danos producidos na cuberta da piscina municipal do Sar producíronse pese a coñecer as previsións sobre as condicións meteorolóxicas adversas. Deste xeito, insta ao equipo de Martiño Noriega a procurar a reparación inmediata do globo e a instalar a cuberta definitiva para despois da campaña de verán, cando a piscina carece de toldo, como se comprometera co BNG na negociación dos Orzamentos de 2017.

Para o BNG, é necesario que se adopten medidas preventivas ante o aviso de futuros temporais e a clausura da instalación mentres non se solucionen os desperfectos.

Por parte da xerencia de Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE) advertiron dende 2007 que esa cuberta da piscina era unha solución obsoleta e problemática en termos de hixiene, de eficiencia enerxética e de seguridade. “Afortunadamente, a rotura por mor do temporal aconteceu en domingo sen xente na piscina, mais puido ser máis perigoso”, advertiu Rubén Cela.

Lembrou Rubén Cela que o BNG xa expresara en diversas ocasións a súa preocupación sobre a cuberta da piscina de Sar, tanto no Consello de Administración de XADE como no propio Concello de Santiago, por iso incluíra a busca dunha solución definitiva nun dos puntos imprescindíbeis na negociación de Orzamentos municipais para este 2017. Mais a finais do exercicio aínda non se cumpriu este compromiso por parte do Goberno local.

Proposta para que se iluminen os accesos ao hospital de Conxo

O grupo municipal do BNG levará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para que se procedan a iluminar os accesos ao hospital de Conxo e a recoller o material das obras de arranxo de beirarrúas que xa remataron.

Diversas queixas de persoas usuarias deste centro sanitario dan conta que as farolas tanto da explanada do aparcadoiro frontal como da subida cara ao hospital, a carón do helicóptero, non están acesas. A falta de visibilidade supón un problema de seguranza, pois está todo a escuras dende media tarde e durante a noite e, pese a que remataron as obras realizadas ao abeiro doutra iniciativa anterior do BNG, seguen varios valados instalados e diverso material en sacos de entullo que dificultan o paso e entrañan un perigo cando está todo escuro.

Outra das queixas vai referida ás lagoas de auga que queda estancada na zona de aparcadoiro, para o que cómpre a debida canalización co fin de permitir o acceso aos vehículos sen ter que mollarse.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.