Actualidad, Actualidad Social, Cine, Cultura, Portada, Televisión — 11 mayo, 2017 a las 0:41

Á beira do Sarela

Por

Juan Viaño, incorpórase á galería de matemáticos ilustres Arbolmat

FOTO. Miguel Muñiz. Diario ABC.

FOTO. Miguel Muñiz. Diario ABC.

O Reitor da Universidade Compostelá, Juan Viaño, incorpórase á galería de matemáticos ilustres Arbolmat.- A Galería de Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía ‘A Árbore das Matemáticas”, Arbolmat, acaba de incorporar 29 novos perfís, entre eles o do Reitor da USC, Juan Viaño, á lista de personalidades destacadas pola súa relevancia investigadora e no uso desta disciplina en España, Portugal e Latinoamérica. Súmanse así á lista dos 39 perfís publicados ata a data no marco desta iniciativa conxunta da Real Sociedad Matemática Española (RSME) e Universia, que naceu en 2011 para dar visibilidade e recoñecer a dedicación matemática ao máis alto nivel.

Coñecemento, esforzo e empeño nunha labor de interese para todos. Falamos de investigación

O investigador da USC Antón Barreiro acada finalmente 11640 euros para o seu proxecto de rexeneración tras unha lesión medularAntón Barreiro e equipaO investigador do departamento de Bioloxía Funcional Antón Barreiro recadou finalmente un total de 11.640 euros na campaña lanzada no portal Precipita da FECYT para o seu proxecto ‘Busca de fármacos para a rexeneración axonal tras unha lesión medular’, superando os 10.000 euros que se marcara como obxectivo óptimo. Artigo relacionado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*