Actualidad Social — 28 septiembre, 2018 a las 11:26

Xornada calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido

Por

Conferencias do catedrático de Psicoloxía da Discapacidade Miguel Ángel Verdugo, do xurista Miguel Vieito e do psicólogo clínico Miguel Anxo García.
Presentación da novela Iridium, do escritor e editor Francisco Castro.
Entrega do 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO).

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos, s/n) vai ser o escenario que acolla a segunda Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, que FEGADACE organiza mañá 29 de setembro desde as 9:30. O encontro está dedicado á reflexión, definición, estudo, avaliación e medición da calidade de vida do colectivo que representa a Federación Galega de Dano Cerebral.

Ademais, durante a mañá entregarase o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO), da Universidade de Salamanca, polo seu compromiso coa “mellora da calidade de vida e autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido ao longo de todo o seu ciclo vital”.

A inscrición é gratuíta, pero debe formalizarse previamente a través dun formulario online que se pode atopar nesta ligazón: https://goo.gl/forms/FfMjlFY2dKxfNzSk2. Permanecerá aberta ata as 14:00 do día de hoxe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.