14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego

O cartaz da 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego ten como elemento central un palco de música, unha icona propiamente galega que reflicte un dos eixos da programación para esta edición da MICE: o son e a música en relación coa etnografía.

En Galicia non hai aldea, concello ou lugar, tanto no rural como na cidade, que non teña o seu palco de música. Estas construcións estiveron ligadas desde sempre ás festas populares galegas, onde a música é un elemento central, servindo de escenario para bandas de música, charangas e orquestras cando aínda non traían palcos propios. Á súa vez, foron e seguen sendo puntos de reunión e de relación social, vixiando desde a Praza Maior ou o campo da festa as celebracións da xente.

O deseño de María Esteirán e Edita R. Oca recupera este símbolo da conexión entre o pobo e a música tomando como protagonista un palco do concello de A Baña (A Coruña), fabricado con cemento e formigón, como tantos outros levantados nas décadas dos 70 e 80.

A 14ª MICE Museo do Pobo Galego terá lugar do 25 ao 31 de marzo en Santiago de Compostela. A programación, así como as actividades formativas, iranse desvelando nas vindeiras semanas.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.